Unha campaña para financiar colectivamente a ópera galega en Oxford

Hai pouco sabiamos da próxima estrea de 'O Arame', unha ópera escrita por Manuel Lourenzo e composta por Juan Durán que se estreará en xuño en Oxford. Agora veñen de poñer a andar unha campaña de 'crowdfunding' para financiar parte dos custes. 

oarame
photo_camera Ensaios da ópera

A representación de 'O Arame' en Inglaterra é un evento sen precedentes. Á escaseza de óperas en galego hai que engadirlle o feito de que por primeira vez se estree ademais fóra do país. E ademais, liderada por dúas artistas galegas residentes no Reino Unido: Tamara Lorenzo, fundadora e directora musical, e Lorena Paz, soprano que interpreta o personaxe feminino. 

Nesta campaña de 'crowdfunding' tentan acadar 2.500 euros a maiores para financiar parte dos custes da súa representación. Así poderán "retribuír os músicos, o elenco e o equipo creativo" e tamén "axudará á continuidade do funcionamento de XOGA, o que a longo prazo beneficiará tamén a aqueles futuros artistas cos que traballaremos introducindo unha nova forma de experimentar o xénero operístico".

O obxectivo de XOGA é levar tamén 'O Arame' a Londres "de maneira que poidamos continuar achegando a cultura e o idioma galegos ao Reino Unido e a todos aqueles galegos e galegas que residen no exterior"

A ópera está coproducida polo Centro de Estudos Galegos John Rutherford da Universidade de Oxford (situado no Queen's College) xunto con XOGA (Xove Ópera Galega-Galician Youth Opera). A representación terá lugar o 10 de xuño no Grove Auditorium do Magdalen College de Oxford, completamente en galego, con subtítulos en inglés proxectados sobre a escena.

'O Arame é unha ópera nun acto escrita polo compositor galego Juan Durán e o dramaturgo Manuel Lourenzo, que xa fora estreada na Coruña en 2008. Combina diferentes artes: a música, a danza e as artes visuais. O obxectivo de XOGA é levar tamén 'O Arame' a Londres "de maneira que poidamos continuar achegando a cultura e o idioma galegos ao Reino Unido e a todos aqueles galegos e galegas que residen no exterior".

Comentarios