Cambados marida viño con cinema e música

Mañá sexta feira comeza o Videa Cambados, un encontro de cinema e viño ao que tamén lle engaden música, gastronomía e máis. 

Localizacion-pazo_Baion
photo_camera O Pazo de Baión, unha das adegas que acollerá este evento.

Este evento terá lugar do 2 de xuño ao 7 de xullo en varias adegas de Camados e incluirá o visionado de seis filmes relacionados co viño. Dous deles son de ficción -'Entre copas', de Alexander Payne; e 'Un bo ano', de Ridley Scott- e o resto son documentais:  'O camiño do viño', de Nicolás Carreras; 'Guerra de viños', de Randall Miller; 'Somm', de Jason Wise; e 'Red obsession', de David Roach e Warwick Ross.

Ademais tamén haberá relatorios sobre viño, co sumiller Charlie Arturaola, o escultor Manolo Paz, o escritor Ramón Caride, o director de adega Palacio de Fefiñanes Juan Gil, a asesora en exportación Natasha Argunova e o director de marketing Antonio Cortés Lobato.

As actividades contarán con acompañamento musical da man de intérpretes locais como Antón Pita, Paco Charlín, Flip Corale, Nacho Pérez ou Dani Barreiro. 

Comentarios