UN LIBRO DO COLABORADOR DE SERMOS MANUEL VEIGA

Callón recomenda a leitura de "Manuel María, buscando un país"

Na súa serie de vídeo-columnas sobre Manuel María, o grande poeta nacional ao que se rende tributo o Día das Letras Galegas 2016, Carlos Callón recomenda esta segunda feira a leitura dun volume de Xerais asinado polo ensaísta, xornalista e colaborador de Sermos Manuel Veiga sob o título de "Manuel María, buscando un país".

Carlos Callón. 9 de maio de 2016. Vídeo-columna Carlos Callón.

Manuel María, buscando un país é un breve volume de divulgación, 62 páxinas, editado na colección de peto de Xerais, que procura tamén achar chaves interpretativas sobre o alcance da vastísima obra do poeta da Terra Chá.

É unha visión non desde a ciencia filolóxica, senón desde o coñecimento directo non só da obra, senón da persoa, coa que o autor, Manuel Veiga, mantivo trato durante dúas décadas.

Comentarios