Cal vivo, óxido de calcio, resultado da calcinación da pedra branca, sílice, rocha calcaria sedimentaria, orixe desa masa de conglomerado branco e espeso tan necesaria para a construción e a albanelería. Cal e xabre, area, “unha de cal e outra de area”, mestura imprescindíbel como morteiro de unión e mesmo para cintado de adobes, tapal, pedra… tamén usado como cal apagado, de revestimento, para recebos, como pintura... que, logo, pola acción da climatoloxía, da humidade e mais do aire endurecerá como carbonato de calcio permitindo que a pedra “respire”, din os canteiros. Cal maleábel, pel de edificacións rurais que non hai que asociar unicamente ao Mediterráneo, sabendo que ese foi un camiño de saberes e cultura que mesmo trunfaron pola beiramar do Atlántico occidental.
Emprego do cal que cómpre coñecer á hora das cautelas para rehabilitar e darlle orixe, orixinalidade, autenticidade a edificacións, pedras e labras, mesmo para alongar a súa vida. Algo sobre o que cómpre seguir a investigar pousando sobre os saberes e as tradicións.
[Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 264, á venda na loxa e nos quiosques habituais]