O caderno 'Coñecer' revela os símbolos galegos en Bos Aires

O suplemento desta terza feira incorpora unha interesante reportaxe sobre o destino dalgunhas obras do arte relixioso na Galiza. Tamén reflexiona e recorda o primeiro nacionalista que foi represaliado por Franco e dunha das propiedades que lle quedou á familia do ditador na Coruña.
conhecer_capa

Hoxe sae á rúa, xunto co teu Nós Diario, unha nova entrega do caderno 'Coñecer'. A capa vén cargada de temas como o interesante “O Misterio das virxes cambiadas” asinado por Xabier Moure. Nesta peza cóntase o que lle ocorre, ás veces, ao arte sacro na Galiza. O autor pon de exemplo o caso da virxe do Miragre do Cebreiro.

Cilia Torna ocúpase de explicarche quen foi “O xastre de Loñoa”, o primeiro nacionalista asasinado por Franco. Esta páxina complétase coa sección 'Herdo'. Neste número é Montse Fajardo a que fala de “As fillas da Petra”.

A reportaxe central desta terza feira descobre “Os símbolos do Reino da Galiza en Bos Aires”. Conta coa sinatura de Heitor Picallo, que agradece a axuda a Antonio Rey, que colaborou coas imaxes.

Educación e historia

No apartado 'Mil Ollos' poderás ler un artigo da historiadora Silvia Fiallega Lorenzo sobre “Educar na arte, educar para a vida”.

Na contracapa atoparás o 'Quen fai que', no que comparten espazo o historiador Carlos Morais e o cineasta Alberte Mera. Tamén hai espazo para falar da Casa Cornide, na Coruña, e da súa relación coa familia do ditador.

O protagonista do 'Selfie' é o historiador Eliseo Fernández, que responde a algunhas cuestións moi interesantes.

Suplementos diarios de carácter temático

'Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

(Podes ler os artigos do suplemento Coñecer, en Nós Diario, á venda no teu quiosque ou na nosa loxa)

Comentarios