O caderno 'Aprender' descobre o tratamento para mellorar as funcionalidades do cerebro

O suplemento que acompaña esta cuarta feira o teu Nós Diario inclúe unha reportaxe sobre as ameazas que teñen os bosques de ribeira e una reflexión sobre a migración das aves. Tamén poderás saber máis sobre o traballo do Instituto Tecnolóxico de Galicia.
Caderno Aprender 22/07/2020
photo_camera Imaxe da reportaxe central do Caderno 'Aprender' (Foto: Nós Diario)

O caderno 'Aprender' que atoparás hoxe nos quiosques xunto co teu Nós Diario ofréceche múltiples visións sobre a realidade científica, tecnolóxica e medio ambiental grazas a heteroxeneidade dos autores dos textos.

A peza central do suplemento, que corresponde ao ‘Saber Facer’, asínaa o profesor de Ciencias da Saúde da UDC e investigador do grupo NEUROcom, Casto Rivadulla. En ‘Argallar no cerebro’, o experto fala de tecnoloxías de vangarda que se empregan para mellorar as funcionalidades do cerebro.

A ciencia avanza e xa se están tratando enfermidades como a depresión con estas técnicas tan chamativas e avanzadas.

A parte central complétase cunha peza do escritor, ornitólogo e comunicador ambiental Antonio Sandoval Rey. Na sección ‘Pé a terra’ titula ‘A mirada viaxeira’ na que conta as migracións dos paxaros.

Farmacia e solucións tecnolóxicas

O apartado ‘Eureka’ da capa inclúe unha reflexión da vicepresidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña (COFC), Marga Muñoz, sobre o papel das e dos profesionais do sector nesta pandemia que se está a vivir.

A xornalista Sonia Dapena repasa o Proxecto Ríos e a iniciativa Eira da Xoana da Asociación Ecoloxista Adega en ‘Os hábitats de ribeira baixo ameaza’.

No 'Selfie' atoparás un pequeno repaso á labor do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) por parte de Juan Luis Sobreira, o seu director de Innovación Aberta. Protagonizan o 'Quen fai que' Xesús Pena, doutor pola Universidade de Vigo grazas a unha tese sobre as prácticas deportivas, e o Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía de Lugo. Tamén se fala das III Olimpiadas Galegas de Historia.

(Podes ler os artigos do suplemento Aprender, en Nós Diario, á venda no quiosque ou na nosa loxa)

Suplementos diarios de carácter temático

'Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

Comentarios