luns 13.07.2020

aRi[t]mar: A cabo-verdiana Georgina Benrós de Mello, premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

Foi até febreiro deste ano directora-xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) e antiga Ministra de Comercio e Turismo de Cabo Verde.
 Georgina Benrós de Mello
 Georgina Benrós de Mello

O xurado do certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela decidiu conceder o Premio aRi[t]mar especial do xurado “Embaixada da amizade galego-lusófona” á ex directora-xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa entre 2014 e 2010 e antiga Ministra de Comercio e Turismo de Cabo Verde .

A resolución do xurado pretende pór en destaque, dentro do proxecto aRi[t]mar Galiza e Portugal, aquela persoa, grupo de persoas, institución ou iniciativa que teñan contribuído a tender pontes de amizade e colaboración entre a Galiza e a Lusofonía.

Segundo o xurado, Georgina Benrós de Mello foi unha decidida impulsora da incorporación da Galiza á CPLP como directora-xeral da mesma e durante o seu mandato mantivo un contacto permanente coas institucións oficiais galegas (Goberno e Parlamento), académicas (Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) culturais (Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega) e co asociacionismo cidadá (Rede da GaliLusofonia, Academia Galega da Língua Portuguesa, aRi[t]mar galiza e portugal, Associaçom Galega da Língua, Fundaçom Meendinho).

"Quando eu estudaba, em Cabo Verde, Santiago de Compostela era como uma luz que brilhaba na escuridade da Idade Media. O meu pai era apaixonado pela Historia e sempre me ficou a vontade de conhecer esta cidade; por iso é um privilégio vir já por terceira vez aqui", declarou nunha das súas visitas á Galiza, em outubro do pasado ano.

comentarios