Bueu está pronta para a abordaxe do SonRías

O pasado ano foron 15.000 as persoas que se achegaron a Bueu para participar no Festival SonRías e, desta volta, non agardan menos nunha edición que ofrece un intenso programa no que praia, música, festa e gastronomía danse a man nunha cadea que dura todo o fin de semana. 

Festival SonRias
photo_camera Festival SonRias

Dúas noites de concerto festivaleiro en dúas xornadas enteiras de actividade sen parada comezan xa nos distintos escenarios que se abren en Bueu, capital da festa das Rías Baixas neste fin de semana 

A agardada actuación dos Enemigos será un dos pratos fortes da noite do venres, xunto co rock de Rulo e La Contrabanda, o ska-funk comprometido co antifascismo dos italianos Talco ou os galegos Agoraphobia e Dakidarría, dúas das bandas emerxentes do noso panorama musical. As mozas de Agoraphobia están a bater forte tamén máis alá das nosas fronteiras e o suceso de Dakidarría está case asegurado xa que conmemoran o décimo aniversario nos escenarios desta banda made in Rías Baixas, como o propio festival. 

Tosta de lacón con grelos e son

A xornada grande do sábado comezará xa de mañá na Zona de Acampada onde Dani DF amenizará o Café SonRias antes de que a Experiencia SonRías continúe no restaurante oficial do festival, a Casa SonRías, na que os propios músicos serán os cociñeiros de tapas que poderán degustar ás persoas asistentes. A gastronomía chega ao festival da man das tostas de lacón con grelos, cachelos e tetilla cociñadas por Juankar de Boikot, do arroz mariñeiro con vieiras e coquinas preparado por Enrique Otero, de Banda Crebinsky ademais do salmorejo de Nicolás Pastoriza, todo cociñado ao vivo e con moito ritmo. A “festa praieira” será á tarde conducida por DJ Hugo e I.D.M Dj. 

A noite do sábado o Escenario Troula na Banda acollerá máis de cinco horas de música con Vortex, Boikot, The Toy dolls, Riot Propaganda, Foxy Freire e o dj de Bueu, Cristian Domínguez. Será unha xornada de excepción que achegará a Bueu á Boikot, banda de referencia de rock social canda Riot Propaganda, nova agrupacións que suma aos madrileños Habeas Corpus cos valencianos Os Chikos do Maíz xunto cos galegos Vortex, Premio Son Radio Galega. A música de Bueu porá fin ao festival co rock de Foxy Freire e o dj Cristian Domínguez. 

Comentarios