Bueu convoca unha nova edición dos premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo

O prazo de presentación dos traballos está aberto ata o 31 de xaneiro de 2019.

premio johan carballeira bueu

O Concello de Bueu vén de convocar os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxo prazo de presentación estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2020, e que contarán cunha dotación económica de 1.500 euros para ambas as dúas categorías ademais da publicación, no caso do de poesía, da obra gañadora pola Editorial Xerais.

As persoas que desexen participar poderán facelo a través de dúas formas: envío do traballo en papel ou en formato dixital, tal e como se establece nas bases publicadas no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica e na páxina web do Concello de Bueu.

Estes premios naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista Juan Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira. O certame celebra este ano a vixésimo terceira edición na categoría de poesía e a décimo sétima na de xornalismo. Cunha gran historia ás súas costas, o pasado ano resultaron gañadores Aser Álvarez, na categoría de xornalismo, pola reportaxe Ferrín e a poesía do circo e Arancha Nogueira, na de poesía, por O silencio das gaivotas.

Comentarios