venres 30/10/20

Os 'Bronces' de Leiro volven a Cambados

No Espazo de Exposicións Torrado, 45 anos despois da súa primeira mostra individual en Cambados.
'Capítulo XV' de Francisco Leiro no Espazo Torrado [Adela Leiro].
'Capítulo XV' de Francisco Leiro no Espazo Torrado [Adela Leiro].

Con 18 anos, Francisco Leiro (Cambados, 1957) expuña por primeira vez individualmente na Sociedade Cultural de Cambados. Máis de catro décadas despois o escultor volve á súa vila natal con 45 bronces e bosquexos preparatorios que hoxe poden visitarse no Espazo de Exposicións Torrado.

Bronces mostra, en palabras de Jose Vaamonde, "a figuración humana, humanizada ou humanoide de Leiro" que alén das representacións humanas constitúen "reflexións profundas da nosa contemporaneidade, das preocupacións do artista nunha metrópole globalizada".

As crisis mundiais, a guerra, a opresión e a tortura, os desastres naturais -co Prestige no corazón-, a revisión da mitoloxía clásica constitúen temas recorrentes que xorden nunha "iconografía persoal no mundo leiriano". 

comentarios