Xabier Díaz e as Adufeiras, Broken Peach e Rafa Morcego DJ, no Festival do Queixo 2019

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, de Broken Peach e de Rafa Morcego DJ na 44ª Festa do Queixo de Arzúa, que decorrerá o 9 e o 10 de marzo, únense aos xa confirmados Herdeiros da Crus, Sés e Inerttes.

43 edición festa do queixo
photo_camera 43ª edición Festa do Queixo

Veñen de coñecerse os concertos confirmados para o programa da 44ª Festa do Queixo. Aos xa confirmados;Herdeiros da Crus, Sés e Inerttes; súmanse Broken Peach, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Rafa Morcego DJ.

A apertura do festival terá lugar o sábado 9 ás 21:30 horas a cargo de Inerttes, un cuarteto vigués gañador da 11ª edición do concurso Queixo Maquetón.


Os concertos instalaranse baixo unha gran carpa no campo da feira de Arzúa e terán lugar o sábado 9 e o domingo 10 de marzo. Ademais, serán de balde.

Comentarios