Boiro, quilómetro 0 da música galega

Boiro é a única vila do Barbanza sen porto, pero nos pasados Premios Martín Códax da Música tres das dezaseis estatuíñas que estaban en xogo foron rematar alí. Casualidade? Por suposto que non. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 259.

agoraphobia2
photo_camera Agoraphobia

reporBoiro é unha localidade costeira de 19 mil habitantes, catro galerías de arte, máis dunha ducia de bandas musicais, moitas delas destacadas no panorama galego e estatal. É o caso de Triángulo de Amor Bizarro, Agoraphobia, The Lákazans, Sonia Lebedynski, Sabela King & The Heartbreakers, Barahúnda e moitos outros.

Este abrollar manifestouse este ano nuns Premios da Música en que Agoraphobia foi nomeada a mellor banda de rock; Sonia Lebedynski a mellor en canción de autor; e a Pousada das Ánimas o mellor local de música ao vivo de Galiza. E non só: Triángulo de Amor Bizarro neste 2017 colleitou importantes premios a nivel estatal, como o de mellor disco do ano, e é unha das principais bandas de rock do momento, sendo cabeza de cartel en multitude de festivais.

E logo está todo o universo The Lákazans, banda de blues que está a xirar por toda a península, con varios grupos que comparten compoñentes e que se moven arredor da música americana, desde o blues até o soul ou o folk, como Andhrea & The Black Cats, Sabela King and The Heartbreakers, Cachas & Cousins e algúns máis.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 259, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios