Berta Dávila gaña o Premio de Narrativa Breve Repsol con 'Illa decepción'

Berta Dávila
photo_camera Berta Dávila

Berta Dávila é a gañadora da XIV edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, dotado con 12.000 euros. Un galardón que Dávila xa coñece ben, pois xa o gañou en 2013 coa obra con Derradeiro libro de Emma Olsen.

Desta volta Illa decepción é o título da obra gañadora entre as máis das 40 obras presentadas á convocatoria.

A Editorial Galaxia será a encargada de publicar a obra.

O xurado elixiu Illa Decepción por unanimidade, pero destaca, non so o alto nivel de participación, se non o alto tamén a innegábel calidade de moitas das novelas, ademais da grande variedade de temas, rexistros e estilos que estas propoñen. O xurado do XIV Premio Narrativa Breve Repsol define Illa Decepción como “unha novela de auto representación, na que a autora navega polos lugares cotiáns cunha delicadeza estilística posuída de gran elegancia ao tempo que expón ante o lectorado cuestións de fondo calado respecto da familia, das relacións interpersoais, da maternidade e da pertenza a un lugar e unha comunidade”.

Entre a realidade de Santiago de Compostela, a sutileza na representación pictórica do confinamento, as viaxes soñadas e a rutina das lavanderías de pago, emerxe o universo ficticio de Beautiful Island como metáfora dun mundo en constante redefinición que bebe da emoción das experiencias pasadas para construír o seu territorio vivencial presente. 

Comentarios