Baroña: o castro que bica o mar

Este castro, un soberbio e impoñente exemplo de poboado costeiro de finais da Idade do Ferro, sitúase na fermosa parroquia de Baroña, pertencente ao concello de Porto do Son, comarca de Noia. Marca, asemade, o límite sur da boca da ría de Muros e Noia, afrontado ás cúpulas do Monte Louro, o eterno vixía do mar do Norte.

O seu emprazamento resulta espectacular. Para construír o seu poboado, aquela pequena comunidade de campesiñas e mariñeiras escolleron un lugar estraño e invisíbel: só sabes que estás diante del cando o atopas de súpeto. E, cando te achegas, o primeiro que ves é unha pequena península rochosa xunguida á terra por un istmo areoso, cos fortes cantís de poñente abertos ao Atlántico. Logo distingues murallas, restos de cabanas, muros de pedra aquí e acolá, neste lugar tan afastado... pero, quen as fixo?

castro de baroña
Baroña no nacemento  da primeira  arqueoloxía galega A Punta do Castro, ou o Castro de Baroña, vai xunguido aos inicios da arqueoloxía académica galega. A primeira vez que mergullamos…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios