sábado 18.01.2020

A banda francesa Automatic City clausura o Outono Códax na súa primeira actuación no Estado

Os franceses Automatic City pechan a novena edición do Outono Códax en Compostela, esta cuarta 11 de decembro a partir das 20.30 horas, na súa primeira actuación no Estado.
Automatic City (Yann Charles)
Automatic City (Yann Charles)

A banda francesa Automatic City pechará a terza feira 11 de decembro a novena edición do Outono Códax 2019, o festival galego de música negra que se celebra en Santiago de Compostela.

Trátase da primeira actuación do grupo no Estado español, que ofrecerá na sala Capitol a súa orixinal posta en escena na que, como a eles mesmos afirman, “xogan á súa maneira”.

Naturais de Lyon, ben poderían vir da América profunda. O seu estilo non entende de fronteiras, cun gusto polo exótico oriental, o africano, o electrónico ou mesmo as bandas sonoras de filmes de ciencia ficción.

Definidos como “retro-futuristas”, propoñen unha viaxe ás orixes do rythm and blues psicodélico que os converte nunha das formacións emerxentes máis destacadas do xénero en toda Europa.

A banda francesa Automatic City clausura o Outono Códax na súa primeira actuación no...
comentarios