Bala estrea novo disco e xira por Xapón e Australia

Hoxe vén de publicarse 'Lume', o segundo álbume de Ánxela Baltar e Violeta Mosquera como Bala, un proxecto de rock sen paliativos que está a petalo en Galiza e máis alá. 

bala2
photo_camera Bala

'Lume' vén de publicarse en exclusiva hoxe na plataforma da revista Rockdelux, e desde o 3 de marzo estará accesible desde plataformas dixitais e físicas. Un segundo disco con nove temas de rock contundente que contén trazas de punk, grunge, metal e hardcore. En español e inglés, cunha canción en galego. 

Este disco das coruñesas, gravado nos estudos Ultramarinos Costa Brava con Santi García e publicado pola discográfica compostelá Matapadre, chega despois do éxito acadado polo seu primeiro LP, 'Human flesh', que petou forte nos ouvidos do indie-rock peninsular. 

En primavera Bala inician unha xira que os levará por toda a Península, Xapón e Australia. As datas en Galiza son: 2 de marzo en Ourense (El Pueblo), 7 de abril en Pontevedra (Liceo Mutante), 13 en Vigo (La Iguana) e 20 de maio en Lugo (Facela Fest).

Eis o seu primeiro 'single' en formato videoclip, 'Colmillos'

Comentarios