Badilisha Poesía X-change, voces da África para o mundo

Cando a tecnoloxía se xunta coa tradición aparecen proxectos como Badilisha. Grazas a el as voces de África resoan por todo o mundo.

Tina Macavele
photo_camera Tina Macavele

 

“No primeiro sonho
Eu sonho-te!
Sonho-te ser humano,
assim, a inchares o ventre de uma mulher.
Sonho-te assim, a romperes-lhe a carne
e pelo seu sangue, deslizares para o vento
receberes o beijo sol”


Así comeza o poema titulado Insídia do tempo, de Tina Mucavele, poeta de Mozambique.

É unha das perto de 400 poetas que aparecen no Badilisha Poesía X-change e é o exemplo do que acontece, ou pode acontecer, cando a poesía se xunta coa tradición.

"É o maior arquivo en liña de poetas africanos de todo o planeta. É colectivo e reflicte a miríade de ritmos e rimas, voces, perspectivas e aspiracións de todos os cantos do globo".

Badilisha Poesía X-change é un arquivo de audio on-line de poesía africana entregado en formato radiofónico, en podcast. É o maior arquivo en liña de poetas africanos de todo o planeta. É colectivo e reflicte a miríade de ritmos e rimas, voces, perspectivas e aspiracións de todos os cantos do globo.

Badilisha Poesía X-change ten arquivados uns 400 poetas africanos de 24 países diferentes. Cada semana, dous poetas novos son presentados no sitio web e vía podcasts. Estes poetas representan unha gama ancha de voces, xéneros e lingua, reflectindo así evolucións e tendencias contemporáneas ao lado de algún dos xigantes históricos de poesía africana.

Linda Kaoma é a xestora do Badilisha, xustifica a aposta: “ Decatámonos de que non estabamos a cumprir co obxectivo de alcanzar todo o público en África. Creamos unha aplicación de móbil que pode ser accedida por case todos os móbiles e a resposta foi excelente” , dixo ao The Guardian

Badilisha comezou en 2008 como un festival anual de poesía internacional e así permaneceu durante tres anos, combinando os festivais cunha serie de intervencións en forma de seminarios, talleres e programas. En 2012 evoluciona para un arquivo de audio e espectáculo de radio coa pretensión de facer facilmente accesíbel a poesía panafricana e lograr unha audiencia global.

Con 3000 mes vai camiño de lograr ambos obxectivos. A utopía é posíbel

Na utopia
Na essência utópica de ser humano
o Amor
nasce e
cresce como
o ar que respiro
e nossos corpos quentes juntam-se
e entrelaçam as nossas auras
no chapa cem
e comunicam-se as almas
o bem quer de ser humano
apagando nos corações
angustia cansada de ser vulgar

Utopía (Tina Mucavele)

Comentarios