Convocan os partidos e o PSdeG rexeita

Axentes da cultura viguesa reflexionan sobre “a grave situación” na cidade

O segundo Encontro pola Cultura de Vigo vén de convocar os partidos políticos a un coloquio debate sobre “a grave situación das políticas culturais e sociais” na cidade. Agás o PSdeG, ao que pertence o alcalde Abel Cabllero e que xa rexeitou o convite, asistirán todos os grupos do pleno -Marea e PP- e mais BNG e Compromiso por Galicia. Será esta sexta feira, ás 17.30, no IES Polítécnico vigués.
 

marcovigo
photo_camera Detalle da fachada do Marco de Vigo. Imaxe: cedida.

22F

Moderado pola xornalista Fernanda Tabarés, o obxectivo do coloquio é “coñecer cal é o compromiso político e as propostas de acción das forzas políticas que concorren ás eleccións municipais”. Os organizadores denuncian ademais a “flagrante falta de democracia participativa, transparencia e convocatorias públicas de acceso aos recursos”.

Este II Encontro pola cultura dá continuidade ao do pasado 16 de novembro, que rexistrou “un éxito de convocatoria”.

A cita promóvena o colectivo Caín, o Aténeo Atlántico, a agrupación Amig@s do Marco, a asociación de artistas de Galiza A Colectiva, o Espazo Cubo, a plataforma +Social e o Instituto Galego de Praxe Actual.

Comentarios