QUE FACER?

Teatro, rock, folk, artes, música de cámara, audiovisual: moito onde elixir

Está é sen dúbida unha das fins de semana máis ateigadas de actividade cultural dos últimos tempos. Para non dar feito!!

Sexta Feira.

Caramuxo Teatro

Arteixo

Auditorio de Arteixo

20.00h

A compañía teatral interpretará Feo!, unha comedia para toda a familia onde se realiza un canto á diversidade, inspirada no Parrulo Feo

sonrockSexta feira e sábado.

SonRock

Ribadeo

Parque de San Francisco

22.30h

O festival de rock contará coas actuacións de bandas xa consagradas no panorama galego como Raiba e Nao, xunto con Oh Ayatollah! e Paranoi-k.

Sexta feira, sábado e domingo

FIOT

Carballo

Remata a quinta feira 29 de setembro.

A festa e o humor serán os protagonistas da XXV edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT). Dentro da súa extensa programación contarán coa participación das compañías que marcaran a traxectoria do festival, un total de trinta e catro espectáculos, actividades para crianzas, teatro de rúa, monólogos, música, cabaret e máis. 

III Festival Intercéltico de Baíña 

Baíña

Torreiro da Festa

21.30h

Subirán ao escenario Coribantes de Buchabade, Eikasía, Tis Che Tein, Tradisón, Óscar Ibáñez & Tribo, Coanhadeira, Omiri, e Marta Quintana. 

Semana das Músicas do Audiovisual 

A Coruña, Ferrol, Ourense, Santiago 

Remata a sexta feira 30 de setembro

Chega a primeira edición do festival: concertos itinerantes, obradoiros e actividades, contando coa Orquesta Sinfónica de Galicia como protagonista.

Sábado

De pandeiretas, panos e canto 

San Sadurniño 

Casa da Cultura 

10.00-23.00h

Dinamizar e poñer en valor os diferentes aspectos da tradición é o obxectivo deste encontro de cultura popular galega. A xornada divídense en tres partes: unha exposición, un obradoiro centrado nas técnicas de acompañamento coa pandeireta e concertos a partir das 20.00h, con Suso Vaamonde, as pandeireteiras Lilaina de Miño e o grupo Os Campantes da Baña. 

As Cores de Outono Encontro de Artes e Música 

A Pobra do Brollón

Casa da Cultura 

19.30h

Coas actuacións de Peter Punk (circo-clown familiar), Quico Cadaval, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Quico Cadaval e X. M. Budiño. 

Petiscos Musicais 

Allariz

Fundación Vicente Risco

21.00h

Volta o ciclo de música de cámara, o III concerto Aurum Ensemble, con Miguel Álvarez e Elena Domínguez violíns, e Susana Blanco cello. 

Goza coa túa lingua

Portonovo

Parque do Espiñeiro 

22.00h

Bota a andar o I Festival pola Normalización Lingüística, Goza coa túa Lingua, coas actuacións de Sés máis a súa banda, e grupo Quempallou. 

Comentarios