Axenda para a fin de semana

pedro brandariz

Carballo 11-12.7.2019 Forum de Carballo  De 10.30h a 13.30h e de 16.30h a 19.30h

Obradoiro de Cestería

Curso de cestería en vimbios sobre figura deseñada polo obradoiro carballés “Artesán” e pola propia Idoia Cuesta nunha actividade de concienciación ambiental.

A Estrada 11-12.7.2019 Callobre

XX Folk de Raíz

Festexan o aniversario con dous días de festival e a música de Os Sin Son, Tanto Nos Ten, Xirandola, Treixadura, Sés, Pan do Capazo e moito máis.

Teo 12.7.2019 Bibliopiscina 18.00h

Contos e outras andrómenas

Contos e outras andrómenas é un espectáculo de contacontos de Pedro Brandariz feito a partir de contos populares e tradicionais de raposos, de meigas, de Pedro Chosco e máis.

Pontevedra 12-13.7.2019 Praza da Ferraría De 17.00 a 21.30h

XX Memorial Ricardo Portela

A praza da Ferraría (Pontevedra) acolle esta fin de semana, 12 e 13 de xullo, o XX Memorial Ricardo Portela, que desta volta rende homenaxe ao gaiteiro Constante Moreda Vázquez. Ademais de pasarrúas con grupos como Ghaiteiras d´Arredor, Os Carunchos, Cántigas e Frores ou Os Millarancos, contarán cunha Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais e concertos dos Viqueiras, na sexta feira, e de Cantares de Brión, o sábado, ás 21.00h.

Compostela 13.7.2019 Paraninfo da Universidade 20.30h

Concerto de cámara

Concerto de clausura aberto ao público da man do alumnado participante no curso de música de cámara e instrumental Aula de Cámara Airas Nunes.

Guitiriz 13.7.2019 Casa-Museo Manuel María

Convivio da Cultura Galega

A VI edición do Convivio da Cultura Galega realizarase no Campo de Santa Isabel de Outeiro de Rei este sábado 13 de xullo a partir das 11.30h. Unha xornada lúdica e festiva que se ergue ao redor da figura de Manuel María, con ofrendas florais, encontros, romaría tradicional, foliada e xantar popular.

A Pobra do Caramiñal 13.7.2019 Pistas do Lapido

Festival da Trastenda

O Festival xunta grupos da comarca como The Fender´s Leña da Pobra, O Bar Ban Sónicos, con The Lelli Kelly's e Thee Blind Crows, entre outros.

Padrón 13-14.7.2019 Casa-Museo da Matanza

Abride a Fiestra

A casa da Matanza, en Padrón, acolle o sábado e o domingo, 13 e 14 de xullo, a II edición do Festival Abride a Fiestra en homenaxe a Rosalía de Castro. A cita comeza o sábado pola tarde cunha visita teatralizada, recital poético multilingüe e concerto de Cristina Pato con Roberto Comesaña. O día grande será o domingo, cunha feira de produtos rosalianos, ludoteca, visitas guiadas, regueifas, teatro, conferencias de Xosé Luís Méndez Ferrín e Carlos Castelao, e concerto final da man de Davide Salvado.

Lugo Até 21.7.2019 Pazo de San Marcos

Maruxa Seoane

Últimos días para ver “Maruxa Seoane. Achegamento a Mª Elvira Fernández López”, unha mostra que reúne óleos, fotografías e obra gráfica para coñecer a traxectoria desta muller.

Compostela Até 18.7.2019 Zona “C”

Exposición

A exposición “Illas Desertas” de Roi Fernández é un proxecto que pon o foco no movemento das persoas camiñantes, nas peregrinas, nas marxes.

A Guarda, Até 14 de xullo

XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais da Galiza

Máis dun cento de embarcacións tradicionais de até 20 tipoloxías diferentes, procedentes da Galiza e doutros territorios europeos, danse cita neste porto do Baixo Miño. Hai un completo programa de actividades, desde concertos a navegacións, pasando por obradoiros, exposicións...

Comentarios