Axenda para esta fin de semana

dhogs

Teatro Ob-sceno

Compostela

Salón Teatro

24-26.5.2019

19.00h

Continúa o ciclo Teatro Ob-sceno fóra do escenario coas pezas ‘Alicia morreu de sobredose’ de Rinoceronte Teatro, ‘Sofía’ de Inversa Teatro e ‘Pulso’ de Teatro En-Trance.

Elas Son Artistas

A Coruña

Diversos espazos

24.5-2.6.2019

O Elas Son Artistas bota a andar na área metropolitana da Coruña, da sexta feira 24 de maio até o peche o domingo 2 de xuño. Trátase dun festival multidisciplinar que pretende dar voz a moitas mulleres que traballan como profesionais relacionadas coas artes. Contarán coa presenza  de Amparo Sánchez, Stacie Collins, Anarchicks, The Lucilles Sweet Soul Music, Estrogenuinas, Marem Ladson, Ejazz, Quinteto InVento... e moitas máis propostas a descubrir.

Festival Contra-Letras

Carballo

Casino 1889

25.5.2019

12.30h

O Festival Contra-Letras do Casino 1889, en Carballo, festexará o "Día da Toalha" este sábado 25 de maio ás12.30h. Así, este “Día da Toalha: Día do Orgulho Lusista e Reintegrata", que se celebra cada cada 25 de maio, pechará a programación do Festival Contra-Letras, organizado arredor do Día das Letras Galegas.

Contacontos para a igualdade

Compostela

Ludoteca María Miramontes

25.5.2019

12.00h

Unha sesión de narración oral destinada ao público infantil que lle dá unha volta aos clásicos, "Contos vellos, novo final", da man de Caxoto.

Foliandaina das Letras

Negreira

Refuxio dos Pescadores

25.5.2019

12.00h

Un roteiro circular para coñecer polo miúdo diferentes recunchos da comarca de Barcala, apta para crianzas e maiores, con xantar popular e foliada para continuar a festa das nosas letras.

VI Carreira Popular de San Sadurniño

San Sadurniño

Arboreto galego da Cortiña

26.5.2019

11.00h

É a súa sexta carreira popular, aberta a categorías desde biberóns até máster e con distancias adaptadas, fai parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

Danza

Castrelo de Miño

Parque Náutico

26.5.2019

12.00h

Dentro do ciclo Danza3, a agrupación O Fiadeiro de Vigo propón este espectáculo de danza e música tradicionais recuperadas das catro provincias galegas cos seus vestiarios propios.

Sesión de Filmoteca: Dhogs

Pontevedra

Cineclube

27.5.2019

20.00h

Proxección audiovisual de Dhogs, de Andrés Goteira, filme definido como unha insólita

xoia do cinema fantástico e vangardista galego.

Comentarios