martes 04/08/20

Axenda fin de semana

Axenda fin de semana

Exposición 20 anos de Rúa dos Contos

Carballo

Pazo da Cultura

Até 1.11.2018

A Rúa dos Contos, a “ovella negra” do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), festexa os seus vinte anos cunha mostra no pazo da Cultura que invoca as historias, o humor e a provocación dos momentos vividos en máis de 200 funcións. Un ciclo pioneiro na narración oral na Galiza para noctámbulas que poderemos seguir gozando ao vivo até finais de outubro.

VI Festival vertixe sonora “Ritual”

Pontevedra

Casa das Campás

4.10.2018

20.00h

Unha cita coa vangarda sonora que conta coa presenza do Ensemble Regards e a Compañía Vahram Zaryan, dous espectáculos que xuntan música, poesía, danza, mimo e circo contemporáneo.

Conferencia “Galegos en Mauthausen, a zona de Ferrolterra”

San Sadurniño

Casa do Concello

9.10.2018

19.00h

Impartida por Enrique Barrera Beitía, investigador que rastrexou a presenza galega nos campos de exterminio nazis e autor do libro Galegos en Mauthausen, publicado pola Deputación da Coruña.

Xornadas de cinema, viño e cultura

Pontevedra

Espazo Nemonon

5.10.2018

20-22.00h

O Espazo Nemonon acolle unha nova sesión das Xornadas de cinema, viño e cultura nesta sexta feira, cinco de outubro, para coñecer as dificultades de ser escritora e feminista na Galiza, a través das figuras de Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. Unha cita que molla a palabra en recitais, achegas fílmicas, músicas, historias e viño.

“Voces de Bueu”

Bueu

Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa

5.10.2018

20.30h

Preséntase o libro “Voces de Bueu”, unha obra que recolle 25 historias de persoas desta vila, nas que se amosa o xeito de vivir e de falar nos distintos lugares do concello.

Concerto para público infantil e xuvenil de Magín Blanco

Biblioteca Pública Municipal Eduardo Blanco Amor

Malpica de Bergantiños

5.10.2018

18.00h

Camiños, a nova aventura de Magín Blanco xunto ao ilustrador Leandro Lamas, un espectáculo musical e un libro-disco cheos de aventuras e misterios.

Teatro coa Panadaría

Burela/Ribadeo

Casa da Cultura/Auditorio Municipal Hernán Naval

5.10.2018/7.10.2018

21.00h/20.00h

A historia feita teatro de Elisa e Marcela, o primeiro matrimonio homosexual da Galiza, érguese como un símbolo de loita e resistencia e segue a colleitar merecidos éxitos.

I Congreso da Igualdade do Consello da Muller Nova

Pontevedra

Pazo da Cultura

6.10.2018

9.45-20.00h

Un novo espazo que procura a reflexión e que contará, entre outras participacións, coa representación das experiencias do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo, do IES Sánchez Cantón, IES A Xunqueira I, CIFP A Xunqueira e IES Torrente Ballester.

Inauguración da exposición

Compostela

Salón Artesoado do Colexio de Fonseca

9.10.2018

20.00h

A mostra “Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela”  repasa a actividade vital e artística dos anos que pai e fillo viviron en Compostela (1920-1936).

comentarios