Axenda fin de semana

TANXUGUEIRAS
photo_camera TANXUGUEIRAS

Festival Reina Loba

Os Blancos

9-11.08.2018

Os Blancos acolle entre os días 9 e 11 de agosto a IV edición do Festival Reina Loba, un encontro de música, arte e ecoloxía en plena natureza. Nesta nova edición, contan con actuacións de máis de vinte bandas nacionais e internacionais, así como obradoiros, espazos interxeracionais, xornadas de arte e exposicións.

Tanxugueiras en concerto

Laxe

A Ventana

9.08.2018

23.30

O grupo revelación da música tradicional galega, Tanxungueiras, continúa coa súa xira de verán, desta volta pola comarca de Bergantiños.

Roteiro cultural polo río Batán

Pontevedra, Parroquia de Salcedo

Castro das Croas e Muíños de Batán

10.08.2018

20-23

A Asociación Vaipolorío e o antropólogo Rafa Quintía propoñen este roteiro sobre patrimonio oral (lendas, tradicións e costumes), arqueoloxía, etnografía e natureza.

Música pop, rock e folk

Carballo

Praza do Concello

10.08.2018

22.30

A Banda da Loba presenta o seu primeiro traballo, ‘Bailando as rúas’, unha mestura de pop, blues, folk, rock e sons tradicionais que crean un estilo musical propio.

X Desordes Creativas

Ordes

Até 12.08.2018

Este Festival internacional de arte na rúa acolle artistas referentes na arte urbana e no muralismo. O sábado 11 de agosto contará con música en directo no DesOrdes Sonoras.

Animacreques

Santiago de Compostela

Casco antigo

14.08.018

13.00

A compañía Catropés (Ánxela Blanco e Vanessa Rivas) ofrece este espectáculo circense de rúa para todas as persoas, con zancos, danza,monicreques e titiriteira.

Comentarios