Sobre os avións que voan os ceos da Galiza

Xerardo Rodríguez Arias estará a segunda feira 26 de novembro ás 20.30 horas en Vide, Vide! (Compostela) falando sobre A aviación na provincia da Coruña 1900-1936.
Hidroavións sobre o encoro de Cabril 1
photo_camera Hidroavións sobre o encoro de Cabril 1

A segunda feira 26 de novembro, Xerardo Rodríguez Arias impartirá en Compostela a palestra A aviación na provincia da Coruña 1900-1936. Será no Espazo Enocultural Vide, Vide! ás 20.30 horas.

A palestra abordará un repaso histórico que inclúe temas como os primeiros voos na Galiza, o proxecto liña aérea trasatlántica entre Galiza e Estados Unidos, a creación aeroportos nacionais ou os primeiros proxectos de liñas aéreas comerciais. 

Xerardo Rodríguez Arias ten publicado Cen anos de aviación en Compostela (2018), unha investigación sobre o aeroporto de Lavacolla, no que coloca cuestións como o primeiro voo en Compostela en 1912 por parte do aviador francés Maurice Poumet ou a xestación do aeroporto en 1932.

A palestra está organizada pola Asociación Cultural O Galo e a entrada é de balde.
 

Comentarios