'Cartografía dos nomes', de Lucía Durán, Premio de Poesía Filomena Dato

A profesora e poeta Lucía Durán Paredes fíxose co Premio de Poesía Filomena Dato grazas ao poemario Cartografía dos nomes. O xurado puxo en valor "a voz xenuina e a honestidade nun orixinal no que destaca a limpeza e a emoción".

Xurado do II Premio de Poesía Filomena Dato. (Foto: Concello de Bergondo).
photo_camera Xurado do II Premio de Poesía Filomena Dato. (Foto: Concello de Bergondo).

A profesora e poeta Lucía Durán Paredes fíxose co II Premio de Poesía Filomena Dato grazas ao seu poemario Cartografía dos nomes.

O xurado, composto pola alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, como presidenta, e as poetas Míriam Ferradáns, Carlos Negro e Antía Otero, valorou do texto "a súa voz xenuina e a honestidade nun orixinal no que destaca a limpeza e a emoción. A sinxeleza é nel un valor crucial. Quéreselle dar voz a personaxes que moitas veces non a teñen". 

A entrega do galardón terá lugar neste mesmo mes de outubro nunha data por confirmar e contará coa presenza da autora galardoada. 

O premio ten unha dotación económica de 2.000 euros e o orixinal será publicado na colección Filomena Dato da man de Apiario, a encargada de coordinar este concurso de poesía, que asume todo o proceso: deseño, imprenta, distribución e promoción. 

Lucía Durán Paredes (Moaña) exerce como profesora de bacherelato no IES Johan Carballeira no Concello pontevedrés de Bueu, na comarca do Morrazo. O pasado ano fíxose co premio de poesía Xamón, Pan e Viño da Fundación Otero Pedrayo co poema "Conxurándonos".

Premio de Poesía Filomena Dato

Ave do paraíso, de Lorena Conde Martínez, foi a obra gañadora da primeira edición do Premio de Poesía Filomena Dato. 

Con este galardón, o Concello de Bergondo contribúe a aumentar a nómina de certames que impulsan a creación poética en galego, así como a rescatar do esquecemento a figura dunha muller fundamental e pouco coñecida dentro do movemento literario do Rexurdimento: Filomena Dato Muruais (1865-1926).

Comentarios