O audiovisual únese para “relanzar o sector e protexer as profesionais”

FAGA, (Foro de Asociaciones de Guionistas Audiovisuales), AAA (Agrupación de Asociaciones del Audiovisual), e o Grupo Interterritorial Igualdad en el Audiovisual 50/50 en 2025 veñen de presentar á Administración central unha batería de propostas que evite o seu afundimento.

A Mesa lanzo pipocas esta cuarta feira (Foto: Nós Diario).
photo_camera O audiovisual demanda medidas a consecuencia da COVID-19 (Foto: Mr. Misto)

O sector audiovisual, representado polos colectivos FAGA, (Foro de Asociaciones de Guionistas Audiovisuales), AAA (Agrupación de Asociaciones del Audiovisual), e o Grupo Interterritorial Igualdad en el Audiovisual 50/50 en 2025, veñen de presentar á Administración central unha batería de propostas “urxentes” destinadas a evitar o afundimento do sector.

As asinantes reivindican a posta en marcha “dunha prestación de desemprego excepcional para as traballadoras e traballadores que non conten coas cotizacións necesarias para acceder a unha prestación ordinaria e que non se encadren Réxime de Artistas”, así como a ampliación da prestación extraordinaria por cese de actividade unha vez finalice o estado de alarma.

Ademais, entre outras, tamén pretenden que “con carácter de urxencia”, se leve a cabo a convocatoria das axudas para o fomento da cinematografía e o audiovisual, así como retomar as axudas á creación de guións cinematográficos.

Estas e o resto das medidas propostas xa foron trasladadas e recibidas polo Ministerio de Cultura, á espera dunha data próxima celebrar unha reunión de traballo coas persoas representantes do Ministerio.

A proposta xorde trala análise das medidas de apoio ao sector audiovisual establecidas no Decreto-Ley 17/2020 de 5 de maio, tras constatar as diferentes asociacións e agrupacións que as medidas publicadas “non garanten plenamente a efectiva protección da maioría das e dos traballadores do sector”.

Comentarios