Audiovisual no rural e sen un peso? LAV014

No rural e audiovisual. É a singular combinación do Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV014), unha iniciativa promovida pola Asociación Senunpeso que chega a súa sétima edición cun balance de máis de 1.000 persoas participantes nos cursos. 

.
photo_camera .

Vídeo de combate, inventos para o audiovisual, dirección de fotografía, interpretación diante da cámara, bandas sonoras, animación dixital, vídeo con cámara réflex, documental web, creación e xestión de webs con Wordpress, videoclips e interpretación diante da cámara son os contidos dos cursos que nesta edición ofrece o LAV, unha iniciativa que parte do asociacionismo e ten como un dos obxectivos a dinamización cultural nun entorno rural como é o Concello de Vedra. 

O prazo de matrícula está aberto até o 1 de febreiro e a inscrición formalízase a través da páxina web da asociación: www.senunpeso.org 

Afeccionados e profesionais poden participar na oferta de cursos cun prezo de matrícula de 50% e gratuíta para o alumnado da ESO a quen se lle dedica dous cursos específicos, un de videoclips e outro de interpretación diante da cámara. 

Os obradoiros desenvolveranse na fin de semana do 15 e 16 de febreiro e buscan formar ao alumnado en técnicas dixitais do audiovisual, con contido teórico e práctico, na busca de autonomía en comunicación e edición dixital. Audiovisual para todos os públicos aproveitando as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías e con profesioanais do sector como Pepe Penabade, Flor Maceiras, María Yáñez ou Manolo Cortés entre o cadro docente. 

A filosofía e os obxectivos de Senunpeso explícaos Abelardo Rendo, un dos promotores, no número 82 do semanario Sermos Galiza, xa nos quiosques. 

Comentarios