Atopan no leito do Sar unha virxe gótica do século XIV

A Asociación para a defensa do patrimonio galego informou á Consellaría de Cultura da descuberta, feita por un pescador da estrada.

Virxe leito
photo_camera (Apatrigal)

Unha talla relixiosa de pedra de granito galego de estilo gótico, representando a virxe co neno no colo, e do século XIV. Ese é o achado casual que atopou no leito do río Sar ao seu paso por Conxo (Santiago) un pescador da Estrada, Fernando Brey, e do que vén de informar á Consellaría de Cultura a  Asociación para a defensa do patrimonio galego.

“A persoa que achou a virxe sobre o río Sar púxose en contacto coa nosa asociada Ana Paula Castro Jiménez, experta en Patrimonio Cultural e colaboradora da empresa de taxación Alforo Asesores (www.alforo.es), que se trasladou ao lugar para tomar fotografías e medicións para a correcta identificación do achado”, informa Apatrigal.

Para este traballo contou co asesoramento histórico do Catedrático e Académico don Ramón Yzquierdo Perrín e o Profesor Juan Monterroso Montero

A asociación advirte que a talla continúa no río pois non poderon retirala e piden á administración que actúe para a súa recuperación.

virxe 2

Comentarios