Até o 30 de setembro para presentar orixinais ao premio Lueiro Rey de poesía

O período para presentar obras inéditas de poesía á oitava edición do premio Lueiro Rey de poesía remata o 30 de setembro. Convoca o Concello de Fornelos de Montes en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Manuel Lueiro Rey
photo_camera O escritor Manuel Lueiro Rey, que dá nome ao premio de poesía convocado polo Concello de Fornelos de Montes. Foto: cedida.

premio lueiro rey

Os libros que aspiren ao galardón deberán contar con entre 500 e 800 versos de extensión, e seren orixinais e inéditos na súa totalidade. As autoras participantes terán que remitir seis copias mecanografadas baixo plica e cun sobre en que figura o lema e conteña o DI da autora e un teléfono de contacto ao Concello de Fornelos de Montes (Praza da Igrexa, 1, 36847, Fornelos de Montes) e indicar no pacote que se dirixe ao VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.

O premio está dotado con 2.500 euros. A obra gañadora publicarase en Edicións Xerais. As bases completas do concurso figuran na web do Concello de Fornelos (fornelos.gal).

Comentarios