Ataque Escampe denuncia a 'censura' dun dos seus temas na TVG

O grupo dixo através da rede social Facebook que foi cortada a última frase da canción San Marino. 

Ataque Escampe
photo_camera [Imaxe Ataque Escampe]

"Adeus, cabronazos, voume a un paraíso fiscal como fan os do PP". Eis a frase que foi cortada do vídeo de Ataque Escampe no programa Musigalité da TVG onde foron entrevistados (26'12'').

Casualmente, elimina ese verso, e só ese verso

No concreto, a frase foi retirada da canción San Marino que foi gravada na rúa expresamente para o programa. "Hai un sutil corte entre o verso anterior e a parte instrumental final que, casualmente, elimina ese verso, e só ese verso, da canción", denuncian através da súa conta oficial na rede social Facebook.

"Pensabamos que a censura hoxe en día consistía en decidir non emitir o que non interesa, pero non: comprobamos con enorme tristeza e noxo que Musigalité e a TVG non dubidaron en meter a tesoira de toda la vida de dios como se estivésemos en 1946", acrecentan. 

"Non queremos aparecer como víctimas de nada, pero cremos que hai motivos serios para preocuparse como cidadáns e cidadás", conclúen. 

Comentarios