Manifesto a prol de Carlos Santiago asinado por partidos e colectivos

“Ataque cavernario á liberdade de expresión”

O pregón do entroido en Compostela, pronunciado polo dramaturgo Carlos Santiago a través do personaxe do Apóstolo Santiago, está a desembocar nunha manifestación colectiva en defensa da liberdade de expresión. Un novo manifesto, A prol do Apóstolo Santiago, vén de saír á luz.

Carlos Santiago
photo_camera O dramaturgo Carlos Santiago.

O texto cualifica de “ataque cavernario” a campaña iniciada pola prensa local contra o acto do carnaval compostelán, “un ataque ao espírito crítico, antagonista e contestatario, a propia esencia do entroido”. “Pode chamarse moitas cousas o que fixo e está a facer El Correo Gallego, pero información non é. É axitación, vontade de confundir e ganas de armar follón”, di.

O singular do manifesto, que se suma a comunicados de apoio da Asociación Galega de Dramaturxia, a AELG ou dun cento de voces portuguesas -país estreitamente vencellado ao traballo de Carlos Santiago-, son as sinaturas colectivas. Entre elas atópanse partidos políticos -Compostela Aberta, BNG e Anova-, asociacións relacionadas coa escena, editoriais -Positivas, Axóuxere- ou grupos de teatro -Chévere, Berrobambán, Mofa e Befa.

Comentarios