A Asociación Cidade Vella suspende actividades á espera da sinatura do convenio co Concello de Santiago

A Asociación Cultural Cidade Vella decidiu suspender cautelarmente todas as actividades culturais dos seus locais dese o 20 de marzo pola demora do Concello de Santiago de asinar o convenio que dá marco legal as súas actuacións. 

.
photo_camera .

O retraso na sinatura do convenio de colaboración co Concello de Santiago é a causa da cancelación de actividades nos locais asociados decidida pola A. C. Cidade Vella. O convenio, que se subscribe desde hai anos entre as dúas entidades, dálle marco legal aos locais para o desenvolvemento de actuacións de pequeno formato e a súa ausencia deixa no limbo a organización de concertos ou espectáculos a A.C. Cidade Vella desenvolve nas distintas programacións. 

A “suspensión cautelar” debido á situación que definen como “desamparo legal” obrigou a cancelar, entre outros, o concerto de Els Catarres que estaba previsto na Casa das Crechas. Desde a A.C. Cidade Vella confían na “vontade de solución inmediata” do Concello para que a situación se resolva o antes posíbel e co fin de reanudar os seus programas culturais. 

Comentarios