CULTURA

Asfalto en Begonte para un conxunto etnográfico protexido

Asfalto en Begonte para un conxunto etnográfico protexido

Adega denuncia obras para un aparcadoiro na contorna da Igrexa de Trobo, onde hai catalogados cruceiro, cemiterio e perto dun castro.

Igrexa Tobo begonte

O Concello de Begonte acvometeu as obras dun aparcadoiro na contorna da Igrexa de Trobo, denuncia Adega, un área onde se atopan inventariados un cemiterio e un cruceiro, ambos os dous próximos tamén a un castro, que contan cun perímetro de protección. “As obras realizáronse en terreos catalogados como de solo rústico e previamente dedicados a prado e que foron cedidos pola veciñanza ao concello para a realización de dito aparcadoiro”, explica o colectivo ambientalista.

Un recheo con grava dun espazo aproximado de 900 m2 de superficie e cunha altura de 1,2 m, para o que se construíu un muro de contención con cachotes de pedra de grandes dimensións, así como o asfaltado da mencionada superficie. “O impacto que as obras do aparcadoiro tiveron no territorio protexido do conxunto etnográfico da Igrexa de Trobo fai desconfiar -afirma Adega- da existencia da pertinente autorización da Consellaría de Cultura para a realización das mesmas e, incluso, de que o organismo autonómico fose informado dos feitos”.

Segundo o disposto  pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, afirman os ambientalistas, os concellos teñen a obriga de protexer, defender e realzar o valor cultural dos seus bens patrimoniais inventariados e/ou catalogados, salvagardándoos dos feitos que os poñan en risco ou ameaza. A lei tamén indica que debe de ser a Consellaría de Cultura a que autorice calquera obra que poida ameazar ditos bens patrimoniais ou que poida implicar risco de destrución ou deterioro dos mesmos, establecendo as medidas protectoras ou correctoras que considere necesarias.

Por iso, esta asociación vén de solicitar á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural información sobre a existencia de ditos permiso.


 


 

comentarios