QUE FACER?

O castelo de Moeche prepárase para un novo asalto irmandiño

bandeiras_castelo_moeche-1080x675
photo_camera As bandeiras galega e do Antigo Reino de Galiza ondean na fortaleza modestina [Imaxe: Concello de Moeche]

XL Festival Irmandiño

Moeche. Até o domingo. Roi Xordo, os de Andrade, a revolta Irmandiña de 1431 e o castelo de Moeche regresan á actualidade da man do Festival Irmandiño, que este ano chega á súa XL edición. Este festival de música e cultura ten lugar no propio castelo de Moeche esta fin de semana. O sábado após a apertura do castelo e a exposición  (pola mañá ás 10.00h e pola tarde ás 17.00h), haberá sesión vermú, xogos populares e, pola noite a partir das 21.30h, os concertos de Os Carecos, Saraibas, Sés, Huntza e Tecor Societário. E entremedias realizarase o acto central do evento, o asalto ao castelo! Xa o domingo, a partir das 14.00h, Os Carecos, De Ninghures e Os Feroces da Galgueira encargaranse de poñer o ramo ao encontro.

Plástico a mareas

Compostela. Cidade da Cultura. Até 18.8.2019

“Plástico a mareas” é unha intervención creada pola artista galega María Arceo (Compostela, 1984). Instalada nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura, Arceo recrea o propio fondo do océano a partir de refugallos de plástico recollidos na costa galega e no río Sar, ao seu paso por Santiago de Compostela. A través dunha proposta que se define multisensorial e inmersiva, “Plásticos e mareas” responde á vontade da artista de provocar as asistentas, mediante cheiros, luces e sons, para (re)pensar e concienciar da problemática da contaminación das augas, en xeral, e dos fondos mariños e das praias, en particular. A intervención poderá verse até o domingo na Cidade da Cultura, en Compostela.

Quedada ciclista de Biela e Chaveta

San Sadurniño. Arboreto galego da Cortiña. Domingo ás 11.00 horas. O club Ciclista Biela e Chaveta amplía as bases por medio dun calendario de saídas dominicais dirixidas ao público familiar. Para máis información: 616 035 979 e 605 964 877.  

III Festival Sons de Ordes

Ordes. Alameda. Sábado ás 21.00 horas. A terceira edición do Festival Sons de Ordes contará coas actuacións de Susana Seivane e Javier Gurruchaga xunto a Orquestra Mondragón.

XVII Festival de Baile e Música Tradicional

Rianxo. Praza Rafael Dieste. Sábado ás 21.30 horas. A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo bota a andar o XVII Festival de baile e música tradicional, evento que no que terá como grupo invitado a Agrupación Folclórica Ancoradoira, e que contará ademais coa participación de diferentes agrupacións, como a Escola de baile pandeireta e gaita. Será este sábado a partir das 21.30 horas na praza Rafael Dieste, en Rianxo.

XVII Noite Folk

Negreira. Refuxio de Covas. Sábado ás 22.00 horas. A Noite Folk reúne máis unha vez na comarca de Barcala o mellor da música folk galega: A Roda, Leilía e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre daranse cita neste evento.

Osa do Mar

Burela. Diversos espazos. Até este sábado. Este festival de música defínese por propoñer un cartaz alternativo e underground coa presenza de artistas como Andhrea & The Black Cats, Brais Morán, Ortiga ou Grande Osso.

XX Festa Folc

Praia de Vilariño, o sábado ás 22.00 horas. Organizado pola Asociación Cultural O Gato, a XX edición da Festa estará encabezada polas galegas Luar na Lubre e Fiandola, a asturiana Dixebra e a portuguesa Kumpania da Algazarra.

Feito á man 2019

Compostela. Diversos espazos. Este sábado, de oito da tarde a dez da noite. Tocarán Lariferpol, en San Agostiño-Ameas ás 20.00 horas, e Los Wavy Gravies, ás 22.00 horas en S. Paio de Antealtares.

Comentarios