martes 25/01/22

A AS-PG abre unha tenda online

A entidade, que desde hai tempo ofrece produtos dixitais, entra deste xeito no mercado online cunha ambiciosa proposta que ofertará tanto produtos físicos (libros, discos, vídeo) como produtos en formato dixital especialmente os formatos epub.

ASPG_tenda

A tenda da AS-PG ofrece unha interface web especialmente deseñada para se adaptar a todo tipo de dispositivos, como ordenadores, smartphones ou tablets. O seu catálogo dispón xa dunha ampla selección de libros, en papel e dixitais (ebooks),  discos, musicais e de vídeo, de distintos xéneros, entre os que se inclúen títulos dirixidos a todos os públicos e idades. Segundo fontes da propia Asociación está tenda está moi ligada á próxima aparición, tamén en formato dixital, da Historia da Literatura Galega, publicada hai xa tempo en fascículos e completamente esgotada, sendo intención da AS-PG publicar en formato ebook boa parte da literatura galega,

Para a lectura dos ebooks, a tenda da AS-PG incorpora un avanzado lector na nube integrado que permite o acceso inmediato á lectura sen necesidade de descargar nada nin instalar ningún programa adicional. Este lector ofrece as funcionalidades máis características das aplicacións de lectura, como o axuste das preferencias de usuario (tamaño da fonte, cores, interliñado etc.) ou o mantemento do estado de avance en cada libro, que ademais se sincroniza de forma automática entre os distintos dispositivos desde os que un usuario ou usuaria accede á lectura.

AS-PG re-editará en formato e-book a Historia da Literatura Galega

Por último, e quizais como característica máis innovadora, este lector ofrece tamén a posibilidade de almacenar internamente os libros dixitais para continuar coa súa lectura mesmo cando non se dispón de conexión á Rede.

Os socios e socias da AS-PG disporán dun código persoal que lles permitirá beneficiarse dunha porcentaxe de desconto directo sobre calquera dos produtos editados pola propia Asociación Socio-Pedagóxica Galega (agás naqueles produtos que xa se atopan cun prezo en promoción). Cada socio/a tan só terá que introducir este código na primeira compra que faga e, de aí en adiante, o desconto xa se lle aplicará automaticamente en cada nova compra. Tamén se poderán obter códigos de desconto para produtos de outras editoras.

Canto aos produtos físicos son enviados, sen custo, por correo ao enderezo que o comprador facilite segundo as condicións recollidas nos Termos de Uso.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

A AS-PG abre unha tenda online
comentarios