A situación económica fai que as familias galegas sexan das que menos gastan en cultura

Galiza está na cola do gasto cultural no Estado español, segundo se deduce dun estudo baseado en datos do Instituto Nacional de Estatística. Só por riba de Extremadura, as familias galegas gastan ao ano arredor de 1.000 euros menos que as da comunidade de Madrid, que se sitúan á cabeza da lista. 

Libros
photo_camera Libros

O estudo “O gasto en Cultura e Ocio en España 2013” que fixo público o Strategic Research Center con datos do Instituto Nacional de Estatística sitúa unha caída do gasto en cultura dun 12% entre os anos 2008 e 2011. 

O estudo recolle que despois das extremeñas, as galegas son as familias que menos gastan en cultura de todo o Estado, con 1.539 euros ao ano, a só doce euros da  fin da listaxe e case mil por baixo de Madrid, que é a comunidade con máis gasto en cultura anual con 2.459. 

Baleares con 15.80 euros ao ano, Castilla-La Mancha con 1.606 e Andalucía con 1.623 continúan a listaxe despois de Galiza para chegar á cabeza con, após Madrid, Navarra -2.239- Catalunya -2.160- e La Rioja cun gasto anual por familia de 1.981 euros. 

Comentarios