As “estrelas” do conto brillan no Festival Atlántica

Quico Cadaval, Paula Carballeira, Cándido Pazó, Xabier P- Docampo ou Manuel Rivas son algúns dos nomes que se atopan no Fetival Atlántica de narración oral que terá lugar do 5 ao 16 de marzo en Compostela.
Quico Cadaval
photo_camera Quico Cadaval

Os máis relevantes nomes da narración oral da Galiza con persoas convidadas de Inglaterra, Arxentina, Uruguay, Inglaterra ou Brasil. Así é o Festival Atlántica, un encontro que se desenvolverá en Compostela, Lugo e Oleiros do 5 ao 16 de marzo ao longo de toda a xornada, para todos os públicos e en diversos espazos da cidade.

Contando contos somos potencia e iso queda á vista no predicamento que algúns dos nomes galegos convidados ao Festival Atlántica. Por teatros ou espazos nocturnos, a presenza de Quico Cadaval ou Cándido Pazó é garantía de público. Agora preséntanse en equipo, artellando un festival que xunta algúns dos máis destacados nomes da narración oral con outros de fóra mais xa coñecidos nos escenarios galegos. Canda as súas contadas, obradoiros, debates ou conferencias completan un programa que vai de mañá á noite, con actuacións para crianzas e tamén para adultos, contos máis acaídos á última sesión. 


"Canda as súas contadas, obradoiros, debates ou conferencias completan un programa"
 

Será o escritor Manolo Rivas o que protagonice o día 5 de marzo en Compostela a xornada inaugural cunha conferencia, xusto no día no que José Campanari porá o primeiro conto sobre a mesa, despois de que Cándido Pazó puxera a previa o día 26 no Pub Atlántico da zona histórica da cidade, corazón do festival.

Paula Carballeira, Soledad Felloza, Raquel Queizas, Avelino González, Tim Bowley ou Celso F. Sanmartín integran tamén no programa no que se inclúen sesións especiais como a de “Historias da Guerra Civil en Compostela” a través dunha visita guiada de Xurxo Ayán ou a función colectiva do 8 de marzo no Teatro Principal conmemorando o Día das Mulleres.

“Un momento para saír e escoitar historias, porque nesta noite escura xa brillan as estrelas” convidan no adianto do programa, do que hai un primeiro bocexo xa na rede. Anuncian que van informar ao día a través da súa presenza nas redes sociais e xa teñen os abonos á venda.

Comentarios