Libro

Arrinca a primeira Volta ao libro

O evento pasará polas sete grandes cidades da Galiza: Compostela, A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense.
pedaladas, bicicleta, ciclistas
photo_camera pedaladas, bicicleta, ciclistas

Este sábado ten lugar a I Volta ao libro, un evento que pasará polas sete grandes cidades da Galiza (Compostela, A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense).

Este proxecto da Federación de Librarías da Galiza levará a que unha serie de ciclistas percorran, entre as 16 e as 20 horas, cada unha das localidades facendo paradas nas etapas-librarías estabelecidas.

O percorrido total é de 70 paradas-librarías. A Volta da libraría Hobbit de Vigo e rematará na Padre Feixóo de Ourense, coa presenza do director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e a presidenta da Federación de Librarías da Galiza, Pilar Rodríguez.

A Volta pode seguirse a través das redes sociais da entidade organizadora e cada etapa ten unha hora estimada de chegada a cada local, para facilitar a participación no sorteo de vales de libros vinculado á actividade.

Trátase dun concurso que consta de 20 vales de 10 euros, para libros, que se repartirán entre as persoas que envían fotografías dos e das ciclistas durante o evento ao correo comunicació[email protected].

As bases para participar no Sorteo poden ser consultadas na web da federación. As persoas participantes teñen que ser seguidoras da entidade nas redes sociais e poden enviar as imaxes até o día 27 de setembro. Os vales serán sorteados aleatoriamente.

"Gustaríanos que esta primeira volta sexa a primeira de moitas, ás que ir engadindo accións, pero todo irá en función da evolución sanitaria favorábel", afirman desde a federación, coa idea dunha nova edición cara a final de ano.

Comentarios