Eira das Mouras

Arredor das serpes na cultura galega

O tema ao redor das serpes deu e segue a dar para moito, coas súas variantes comúns tamén a todos os pobos en contos e lendas. Asuntos aínda moi vivos na Galiza rural, a pesar de tantos novos mitos. Sobre os mitos e lendas de serpes escribe o arqueólogo e museólogo Felipe-Senén nunha nova entrega da sección Eira das Mouras. Eis un extracto da peza publicada no número 316 de Sermos Galiza.

ElapheScalarisHead-20030407-Spain

1Serpens, serpere (en latín arrastrarse) e velaí a verba serpe ou tamén entre nós cobra, derivada de colubra (retorcida) ou culebra en castelán... Réptil frío, sen patas, sen pelos, sen plumas... que, como un lóstrego saído das tebras, asoma despois do seu letargo desde as fonduras húmidas da terra invernal, entre a luz, o calor e a seca do verán. Os seus declarados inimigos son a aguia, a cegoña e o falcón, que as perseguen e matan. E de cando en vez, as serpes son noticia polo tamaño, o grosor, as picaduras ou polo insólito lugar en que aparecen.

En todas as partes se lle ten respecto e se lle considera ruín, tamén no agro, onde se convive con ela. Será polo seu enigma e quizais pola educación bíblica recibida: desde a Xénese tida como animal maldito por aquelo da perda do Paraíso... até a Apocalipse coa besta híbrida, a “Serpe das Sete Cabezas” e dez cornos que representa o goberno dos imperios, con nome e número, o 666... Serpes asociadas cos caxatos ou esotéricas varas máxicas de Moisés ou a do seu irmán Aarón, coas que tanto abren fontes, camiños, como as fan florecer ou se converten en temidas serpes... como o caduceo de Esculapio, o que se dicía feito de rama de oliveira e sobre no que se enreda a serpe para pasar a ser símbolo da Medicina, como esoutro caduceo, o do grego deus Mercurio, Hermes na mitoloxía romana, este entre dúas serpes enfrontadas en simetría como símbolo do Comercio, dos buscamundos: prudencia e saúde que cómpre para os camiños do negocio.

 [Podes ler a peza íntegra no número 316 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios