Arraianos” de Eloy Enciso, premiada no Festival de Cine Europeo de Sevilla

O film “Arraianos” de Eloy Enciso ven de ser recoñecida no palmarés do Festival de Cine Europeo de Sevilla . A película galega resultou vencedora na sección “Las Nuevas Olas” co Premio do Xurado Camp-Us.
Rodaxe de Arraianos
photo_camera Rodaxe de Arraianos

“Pola súa madurez, polo seu carácer híbrido entre xéneros e formas e por buscar o cine fora do cine e non dentro del”. Así xustifica o xurado o premio para o film Arraianos, de Eloy Enciso, que entra a formar parte do palmarés do Festival de Cine de Sevilla.

Eloy Enciso comezou este proxecto en que recolle a vida na Raia Seca hai cinco anos. A película ten feitura de documental mais inclúe tamén ficción con actores e actrices afeccionad@s da mesma terra que se recrea na película.
Arraianos é un retrato próximo da vida e do tempo na Raia Seca. Así o ideou o seu director que reparou no primeiro momento na granxa familiar de Meira, en que naceu e en que pasaba temporadas á hora de iniciar o seu segundo film despois de presentar en 2007 Pic-nic.

O espazo literario e histórico do Couto Mixto, a existencia dunha república independente entre Galiza e Portugal pareceulle a Enciso abondo atractiva como para afincar alí a súa película.

Cineuropa

O film de Enciso tivo o seu primeiro pase en Suiza e recalou tamén no festival de Vancouver. A estrea na Galiza terá lugar tamén nun festival, no Cineuropa que se está a desenvolver en Compostela, cun pase o día 22 ás 20 horas.

 

 

 

 

Comentarios