Arqueólogos daneses atopan a sepultura de Ulv o Galego

Un arqueólogo danés afirma ter achado a tumba de Ulf Galiciefarer, o líder guerreiro viquingo que saqueou Galiza no século XI. 

tumbavikinga1_85f5ef37
photo_camera Tumba do líder viquingo [Imaxes de Bjarne Henning Nielsen]

Ulv Galiciefarer (literalmente, o que viaxou a Galiza), era un famoso líder guerreiro, ademais de bisavó de Valdemar o Grande, que foi rei de Dinamarca do 1157 ao 1182. A súa posible tumba foi atopada por Bjarne Henning Nielsen (arqueólogo e conservador do Vesthimmerlands Museum), segundo publica o xornal danés CPH Post, na península de Jutlandia, e tamén National Geographic.

tumbavikinga2_1339x2000_99059866

Galiciefarer fíxose famoso saqueando, roubando e levando botíns desde Galiza a comezos do século XI, e a literatura da época refírese a el como "conde de Dinamarca". A tumba é de importante tamaño e tiña unha construción enriba do sepulcro, ao igual que as sepulturas nobres da época. Atopouse unha espada a carón del, o que revela que viviu e morreu na primeira metade do século XI. 

Tamén coñecido como Galicieulv (o lobo de Galiza), sábese da súa vida grazas a unha das sagas viquingas, a de Knýtlinga, na que se conta que partiu "bravamente coa súa hoste para conquistar Jakobsland" (a terra de Santiago de Compostela). E concrétanse saqueos nas comunidades monásticas de Redondela e nas illas de San Simón, Cíes e Toralla. Logo da súa expulsión polas tropas de Cresconio, os ataques viquingos no país foron a moito menos.