Cinema

'O que arde' de Oliver Laxe gaña o premio do xurado en Cannes na sección 'un certain regard'

O director galego Oliver Laxe gaña con ‘O que arde’ o premio do xurado na sección 'Un certain regard' do Festival de Cannes. Laxe consegue así o seu terceiro premio en Cannes.

Oliver Laxe
photo_camera Oliver Laxe

O filme 'O que arde' do director galego Oliver Laxe (nado en París en 1982) resultou gañador do premio do xurado no Festival de Cannes, na sección 'Un certain regard'. Laxe recibiu este galardón e o premio especial do xurado foi para o director Albert Serra e a súa obra ' Liberté'.

'O que arde' permitiu que a lingua galega fose escoitada por primeira vez en Cannes e estreouse a pasada terza feira no festival.

Laxe obtén desta maneira o seu terceiro galardón do Festival de Cannes, unha verdadeira traxectoria salientábel após resultaren premiados tamén os seus dous anteriores filmes 'Todos vós sodes capitáns' (2010), co que gañou o Premio Fipresci da Quincena de Realizadores de Cannes. O seu segundo filme, ' Mimosas' (2016) resultou gañador do Gran Premio da Semana da Crítica.

Na presentación do filme na sala Debussy, Laxe salientou que se trataba da primeira obra en lingua galega proxectada nas 62 edicións do Festival de Cannes. E dedicoulla a toda a xente que, como a súa propia familia, tivo que emigrar.

'O que arde' rexistrouse nos Ancares. Elexía e homenaxe ao mundo rural, relata en 85 minutos a historia de Amador Coro e a súa nai

'O que arde' rexistrouse nos Ancares. Elexía e homenaxe ao mundo rural, relata en 85 minutos a historia de Amador Coro e a súa nai. Coro acaba de saír de prisión despois de ser condenado por provocar un incendio. As relacións humanas e o paseniño ritmo cotián da montaña, a cultura campesiña que se esvae e os desaxustes producidos polas mudanzas, valéronlle á peza de Laxe unha prolongada e emocionante ovación das 1.068 persoas presentes.  

Comentarios