‘O que arde’ gaña o maior premio do Festival de Cine de Mar del Plata

O filme dirixido por Oliver Laxe amplía o seu palmarés cun novo premio: o máximo galardón da 34 edición do Festival Internacional de Cine de Mar de Plata. A gala tivo lugar o domingo no Teatro Auditorium. 'Longa Noite', de Eloy Enciso, recibiu unha mención especial na sección Estados Alterados.

Oliver Laxe [Foto: Irene Pin]
photo_camera Óliver Laxe

O cinema galego volve estar de parabéns da man de O que arde, o filme de Oliver Laxe, distribuído por Númax, que continúa na carteleira. A película vén de gañar o Astor de Ouro, o máis alto recoñecemento do Festival Internacional de Cine de Mar del Plata.

Ademais, a 34 edición do festival premiou Oliver Laxe co Astor de Prata ao Mellor Guión, un recoñecemento que recaeu tamén en Santiago Fillol. O que arde, que xa suma máis de 60.000 espectadoras e espectadores, é un dos filmes galegos con máis estreas en cines comerciais da historia.

Entre outros recoñecementos, a longa de Oliver Laxe obtivo o Premio do Xurado do Festival de Cannes na sección de “Un certain regard”. Foi a primeira película en galego proxectada en Cannes. Tamén foi distinguida nos certames de Donostia e de Ourense.

Longa Noite

Longa Noite, de Eloy Enciso, recibiu unha mención especial na sección Estados Alterados.

Comentarios