mércores 26/01/22

«O que arde» confírmase como o filme galego con maior número de espectadores

O que arde xa é oficialmente o filme galego máis visto da historia do noso cinema, desbancando o fundacional Sempre Xonxa de Chano Piñeiro.
o que arde
Fotograma de «O que arde»

Seguindo o que os mellores prognósticos vaticinaban durante as últimas semanas, O que arde confírmase como o filme galego máis visto da nosa historia. A película de Oliver Laxe acaba de superior os 62.500 espectadores en salas, superando a cifra da histórica Sempre Xonxa.

Trátase dun dos acontecementos culturais máis relevantes dos últimos anos. Convidámosvos a descubrir o resto dos filmes galegos máis vistos nunha listaxe elaborada por Sermos Galiza con motivo da entrada de O que arde no segundo posto, apuntando cara ao primeiro en previsión das semanas que lle quedaban en carteleira. 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

«O que arde» confírmase como o filme galego con maior número de espectadores
comentarios