Seguindo o que os mellores prognósticos vaticinaban durante as últimas semanas, O que arde confírmase como o filme galego máis visto da nosa historia. A película de Oliver Laxe acaba de superior os 62.500 espectadores en salas, superando a cifra da histórica Sempre Xonxa.
Trátase dun dos acontecementos culturais máis relevantes dos últimos anos. Convidámosvos a descubrir o resto dos filmes galegos máis vistos nunha listaxe elaborada por Sermos Galiza con motivo da entrada de O que arde no segundo posto, apuntando cara ao primeiro en previsión das semanas que lle quedaban en carteleira.