Aquí tes de todo para unha fin de semana das de non perder

teatro

XX Ciclo de Lied

Compostela 18, 23 e 25.9.2019 Teatro Principal 20.30h

Inclúe tres concertos nos que se poderán escoitar composicións de Schubert, Debussy, Beethoven, Manuel de Falla, Jaime Ovalle ou Ernesto Halffter, entre outros.

VII Festival das Núbebes

Pontevedra 20.9.2019 Diversos espazos

A sétima edición do Festival das Núbebes, a decorrer do 20 ao 29 de setembro, expándese por toda a cidade do Lérez con sesións de teatro, música, obradoiros, contos, danza, animación de rúa, maxia e moitas máis actividades dirixidas especialmente á cativada da casa.

Ames Jazz

Ames 20.9.2019 Pazo da Peregrina 22.30h

A segunda edición da mostra de jazz galego “Ames Jazz” contará coas actuacións de Monica de Nut e Virxilio da Silva, e o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo.

Canteira Fest

Paredes 20-21.9.2019 Canteira de Paredes

Coas actuacións de Sés, Vudú, As Punkiereteiras, Os Meninos, Flow do toxo, A banda da Loba, Escola de Música de Vilaboa, TNT Band, Collón de Lola e Pelepau.

III Recital de Poesía en Feminino

San Sadurniño 21.9.2019 O Casal 17-19.00h

Creación poética e reivindicación feminista, así definen este recital que contará con 27 autoras e autores de distintos colectivos galegos, como a Nova Poesía Guitirica, Moraima, In nave civitas Lugrís ou Nomades do Verso, ademais de poetas individuais de dentro e fóra de San Sadurniño. O encontro, co que reivindicar tanto a literatura como o rol feminino, será o sábado 21 de setembro a partir das 17.00h no Casal (San Sadurniño).

Saaabor!

Ortigueira 21.9.2019 Teatro da Beneficencia 20.00h

Un espectáculo de teatro dirixido en especial á cativada, que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo.

III Son Labreg@

Montecubeiro 21.9.2019 Local Social de San Cibrao 12.00h

Abre coa mesa “Alternativas produtivas no noso monte”, sesión vermú de Trasdalomba, aberto de billarda, roteiro de memoria histórica, obradoiros, foliada e concertos de Sacha na Horta e Tecor Societário.

Semana Europea da Mobilidade

Carballo Até 22.9.2019 Diversos espazos

Co gallo da Semana Europea da Mobilidade e para promover medios de transporte sostibles, Carballo propón un programa que segue medrando en actividades e participación e que inclúe xogos inclusivos (quinta feira 19), ruta en bici pola zona urbana (sábado 21), ruta guiada por Xan Fraga polo Carballo de hai 90 anos (domingo 22) e, de segunda a sexta feira, bicibús, rutas pola arte urbana ou concursos nas redes sociais.

“Déixate de ódegas”

Ferrol 23.9.2019 Libraría Galiano 20.00h

A SC Medulio dá continuación ás súas actividades culturais coa presentación de “Déixate de ódegas”, retrato da Galiza rural que xa esmoreceu, de Xosé Manuel Vega.

Lúas de Outono

A Coruña 25.9.2019 Teatro Rosalía de Castro 20.30h

Esta homenaxe anual a Manuel María, presentada por Xurxo Souto, aposta en tres voces imprescindíbeis, mostra de xeracións e estilos diferentes: Miro Casabella, Uxía e Molime.

Comentarios