Ao vivo, a Semana Galega de Filosofía dedicada a repensar a revolución

Sermos Galiza disponibiliza o sinal ofrecido por GZ Vídeos para poder seguir ao vivo as ponencias da XXXI Semana Galega da Filosofía que se realizan en Pontevedra do 21 ao 25 de abril baixo o título "Filosofía e Revolución"

Nestes momentos toma a palabra o militar revolucionario Otelo Saraiva de Carvalho, para partillar as súas reflexións arrredor da "revolución vivida".

Pódense ollar tamén os relatorios xa realizados até o momento:

-Santiago Alba Rico, "tecnoloxía, opresión e revolución":

-Alba Nogueira, "Recorte de dereitos fundamentais e liberdades. O amordazamento da protesta no marco da crise económica e social":

-Terry Eagleton, "Por que Marx tiña razón"

-Domenico Losurdo"Marx, a teoría da loita de clases e a situación actual":

-Xosé Veiras, "o monte e a revolución da sustentabilidade"

-Gérard Mauger, "Destitución do 'mesianismo obreiro'"

-Aurélio Fabião Ginja, "A revolução moçambicana e as visões filosóficas hegemónicas"

-Valeriano Bozal, "Compromiso e desinterese"

-María Ruido, "O fío vermello da historia"

-Frank Mintz, "A humanidade entre o xenocidio dos indixentes e a destrución da natureza, que respostas?"

-Raúl Fornet, "Revolución, humanismo e filosofía intercultural"

-Bautista Álvarez, "Repensando a transición, a Galiza que puido ser"

Eis o programa completo destas xornadas (*): 

(*) Cambios sobre o programa orixinal

O relatorio previsto para o luns 21 de abril á mañá de Terry Eagleton, “Por que Marx tiña razón”, muda de horario e terá lugar nesa mesma xornada pola noite, ás 20:00 horas. Do mesmo xeito, o relatorio inicialmente programado para as 20:00 horas de Santiago Alba Rico, “Tecnoloxía, opresión e revolución”, cambia para a mañá dese mesmo día e será presentado ás 10:30 horas.

Comentarios