domingo 09/08/20

Antón Lopo gaña o premio Repsol cunha novela sobre relacións familiares

Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) é o gañador da décimo segunda edición do premio Repsol de Narrativa Breve. Extraordinario titúlase a obra premiada, que se centra na exploración das relacións familiares.
 

Antón Lopo. Foto: Luís Soto.
Antón Lopo. Foto: Luís Soto.

De “obra sólida, atractiva e ben narrada” cualificouna o xurado. A trama desenvolve a historia dun home que, separado do círculo familiar durante anos, regresa para coidar da nai enferma. “A través da súa mirada iremos intepretando a personalidade de cada un dos membros da familia, desde o presente a épocas pasadas”, sinala a nota do fallo do galardón, que salienta, ademais, “a particular riqueza léxica, os valores estilísticos da sintaxe e o ritmo narrativo”.

O Repsol, dotado con 12.000 euros, implica a publicación do texto gañador pola Editorial Galaxia. A profesora Dolores Vilavedra e as escritoras Eli Ríos, Xosé Antón Neira Cruz -gañador da pasada convocatoria- e Xoán Babarro formaron o xurado.

A última peza na ampla traxectoria literaria de Lopo é o libro de poemas Corpo (Xerais, 2018). Entre os seus traballos narrativos atópanse Ganga (2001) e Obediencia (2010). 

comentarios