Cinco anos sen Díaz Pardo

Este domingo no cemiterio compostelán de Boisaca celébrase unha homenaxe ao artista e empresario Isaac Díaz Pardo.

10_diaz-pardo_0286
photo_camera Isaac Díaz Pardo [Foto: Martiño do Lopo / Wikipedia]

O programa, que organiza a asociación Academia Real Isaac Díaz Pardo e comezará ás 12.30 horas, inclúe unha procesión cívica até a súa tumba e un recitado do poema de Lorenzo Varela "Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados". Intervirán Guillermo Escrigas, Carlos Nuevo Cal, Luís Pasín, Bernardo Penabade, Olivia Rodríguez, Xulia Santiso e Andrés Varela. 

Tamén recitarán Carmen Blanco, Juan Carballo e Manuel Rivas; haberá unha ofrenda floral e unha solta de pombas e ofrenda de mazás. Clausurará o acto o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, e actuarán Mini e Mero e o grupo de gaitas Os Catro de Vigo.