CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Con "Hidden evolution", Angelus Apátrida superan as expectativas

Xa está aquí “Hidden Evolution”,  o esperado novo disco dos albaceteños Angelus Apátrida. 

Angelus-Apatrida-Banda

  Se as mostras previas falaban de algo bo, o resultado final superou todas as expectativas sendo este disco non só o mellor dos seus 15 anos de carreira, senón que ten trazas de rematar como un dos mellores discos do ano.

  O disco xa comezou facendo historia, sendo o primeiro disco de trash metal que entra directamente ao posto número 2 das listas de ventas estatais e apuntando ao número 1. A evolución que ía levando a banda deu como froito lóxico este “Hidden Evolution”, onde, entre outras cousas, coidaron máis as melodías vocais, sen deixar a forza trasher en ocasións achegadas ao speed metal.

  Immortal abre o disco a toda velocidade, marcando unha sólida base rítmica que se manterá ao longo de todo o disco. Xunto a iso, a creatividade das guitarras cuns riffs imaxinativos e diferentes que se van complicando segundo avanza o tema sen perder harmonía e engadindo unha facilidade de escoita que fai que os pouco máis de 50 minutos que dura o disco pasen sen que te decates.  

    Tugs of War e I Owe You Nothing cos seus retrousos pegadizos e moi cantábeis, ou a contundente e brutal “Architect”, dá boa conta do camiño que segue a banda. Hidden Evolutión, o tema de peche do disco, son 9 minutos dunha obra mestra de máis achegada ao metal clásico cuns cambios de tempo e de intensidade, acompañados duns toques épicos nos solos que poñen un final apoteósico ao disco.

    Gostei moito da evolución vocal de Guillermo neste novo traballo. Aínda que poda parecer o contrario pola evolución, cada compás soa totalmente a Angelus Apátrida. Sen dúbida teñen un posto no trash internacional, onde lle poden facer sombra a bandas como Over Kill ou Testament, dos que podemos atopar algunha reminiscencia neste traballo. Un disco que de principio a fin non defrauda.

Video Oficial – End Man

Listaxe de temas

01. Immortal 
02. First World of Terror
03. Architects 
04. Tug of War 
05. Serpents on Parade 
06. Wanderers Forever
07. End Man 
08. Speed of Light 
09. I Owe You Nothing 
10. Hidden Evolution

Angelus Apátrida nas redes:
Web: www.angelusapatrida.com
Facebook: www.facebook.com/angelusapatrida
Twitter: @angelusapatrida
 

Comentarios